miércoles, 28 de noviembre de 2007

CARTA "EQUIPO GOBERNO CONCELLO DE MELIDE".

Xavier Pazo Blanco, en calidade de presidente, quere manisfestar a satisfacción dos que compoñemos a xunta directiva desta asociación, e por extensión de toda a asociación, ante o anuncio da postura que tomou o goberno municipal perante o desastre ecolóxico acontecido no río Catasol.
Consideramos que as nosas expectativas (expresadas na proposta de moción que presentamos ao Concello o 24 de setembro de 2007) están satisfeitas co compromiso feito público polo responsábel de Medio Ambiente o pasado 21 de novembro, con motivo da exposición fotográfica sobre o desastre do río Catasol, realizada por esta Asociación no Multiusos de Melide.
Nese compromiso, explicitado polo 1º Tenente de Alcaldesa, recóllense as nosas arelas máis importantes:
  1. - Persoarse na causa que se instrúe con motivo de tal desastre.
  2. - Poñer en marcha todas aquelas medidas de información, asesoramento e control que eviten este tipo de agresións ao Medio Ambiente.

Recoñecemos a postura ética dos responsábeis municipais por teren tomado esta decisión, xa que somos conscientes de que este tipo de medidas redundarán na mellora da calidade de vida no Concello de Melide e tamén mellorarán o concepto que os/as melidenses teñan do labor político, que debe ter, entre os seus obxectivos prioritarios, a procura do benestar e a proteción dos bens públicos.

Atentamente

Xabier Pazo Melide 23 de novembro de 2007

Entrada Concello de Melide 26 NOV 2007 Rexistro nº 3697

1 comentario:

eva de santiso dijo...

aledome da boa actuacion do concello de melide , e por outro lado , darlle a noraboa a asociacion de troiteiros rio de furelos polo esforzo levado a cabo neste e tema e en todos que afectan a nosa natura . grazas