domingo, 27 de enero de 2008

Campaña Defensa Medio Ambiente

A Asociación de Troiteiros Río Furelos conciencia ós escolares tralo desastre ecolóxico do río Catasol.
O desastre ecolóxico do río Catasol, ocurrido no mes de setembro pasado e que se saldóu con máis de 4000 troitas mortas, fai que a asociación de Troiteiros Río Furelos escomence unha campaña de conciencición medioambiental superactiva.
Os escolares do concello de Melide son os principais receptores da mesma e despois de pasar polo colexio Martagona, tocoulles o turno os do nº 3 Mestre Pastor Barral, que asistiron a proxección de dous documentos audiovisuais, documentais que trataron sobre a campaña de limpeza feita no pasado vrán nos ríos Martagona e Furelos e sobre a recollida, medida etc. de troitas mortas no río Catasol como consecuencia do vertido de purín procedente dunha granxa de porcino. Os escolares mostrarón gran interés en participar en futuras campañas organizadas pola asociación de Troiteiros e tamén polas causas e consecuencias deste desastre ecolóxico.
A charla estivo protoganizada polos directivos da Asociación de Troiteiros Río Furelos Vicepresidente Xurxo Pazo e polo Vocal de Medioambiente Xan Pérez que responderón as innumerables preguntas dos rapaces.
Xabier Pazo, Presidente da Asociación de Troiteiros Río Furelos, agradece a implicación do profesorado no desenrrolo desta campaña de concienciación medioambiental que están levando a cabo no concello de Melide.

1 comentario:

d´Agolada dijo...

Avabote de coñecer a través do Recuncho Troiteiro. Alédome ve que hai tanta xente preocupada polos nosos ríos. Seguide así. Saúdos.

PD: Teño un blog sobre Agolada, se queredes velo pinchade no avatar, ó mellor interésabos.