viernes, 22 de febrero de 2008

CONFERENCIA INFORMATIVA CONCELLO TOQUES

O víndeiro día 26 de febreiro ás 21 horas a Asociación de Troiteiros Río Furelos no restaurante Xaneiro Vello ( A Bragaña-Toques) terá lugar unha charla informativa sobre a Problemática e estado actual e futuro do Couto do río Furelos na que se informará ó colectivo de pescadores de tódalas dudas que teñan, sobre todo aos que non forman parte da Asociación de Troiteiros Río Furelos, pois son os máis necesitados de información, por carecer de quen lles informe fielmente, e así poder lograr que pouco a pouco entre todos que o río Furelos recobre o explendor que lle corresponde.
Falarán Xavier Pazo e Xan Pérez , presidente e vocal de medioambiente da Asociación de Troiteiros Río Furelos.

2 comentarios:

d´Agolada dijo...

Acabo de coñecervos a través de O recuncho troiteiro, tedes un blog ben bonito. Alédame ver que os nosos ríos están tan ben protexidos. Ánimo e saúdos.

PD: Visitade se queredes o meu blog pinchando no enlace. Fala sobre Agolada así que ó mellor atopades algo interesante.

busto.agolada dijo...

Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) no sigular recinto de Os Pendellos, o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
Tes información do programa de actos no seguinte enderezo:
http://blog-xuntanza.blogspot.com