viernes, 15 de febrero de 2008

CAMPAÑA DEFENSA MEDIO AMBIENTE. " DESASTRE RÍO CATASOL"

A Asociación de Troiteiros Río Furelos, remata coa intensa campaña de concienciación medioambiental cun último acto no CEIP nº 1 de Melide. Recordar que esta campaña iniciouse no mes de novembro de 2007 cunha exposición fotográfica acompañada dunha charla e do vídeo do desastre do río Catasol no Multiusos de Melide, seguida dunha exposición fotográfica en grandes paneis con máis de 200 fotográfias ó aire libre nas rúas e prazas de Melide. Continuou a campaña de concienciación medioambiental nos colexios de ensino CEIP nº 2 Martagona, CEIP nº 3 Mestre Pastor Barral e remata o día 14 de febreiro de 2008 no CEIP nº 1 de Melide, despois da exposición fotográfica pertinente, proxectáronse os documentos audiovisuais das Xornadas de Limpeza e do Desastre do río Catasol. Os alumnos fan as preguntas pertinentes, interesándose sobretodo polas causas e consecuencias do mesmo e mostran gran interés en poder colaborar para erradicar entre todos esta lacra de vertidos e contaminación de todo tipo.

Nesta ocasión, a charla foi levada a cabo polo vocal de medioambiente Xan Pérez e polo vicesecretario Carlos Lamas, que mostrarón unha vez máis a súa sorpresa pola gran acollida que tiveron por todos.

Xavier Pazo, presidente da Asociación de Troiteiros Río Furelos, agradece a colaboración, interés e implicación mostrado polo alumnado, mestres e empresas colaboradoras.

www.riofurelos.es

asociaciontroiteiros@gmail.com

Tel.696607348

No hay comentarios: