jueves, 18 de octubre de 2007

III Curso de Montaxe de Mosca

Nestas tres xornadas do III Curso de montaxe de mosca impartido por mestres artesans, estase recollendo o aprendido de anos anteriores e vese a melloría perfeccionada polos participantes que este ano supera o anterior. Dende a Asociación confirman que actos como este fan que os afeizoados non só se dediquen a pescar, senon que tamén tomen conciencia da arte, do medio no que se desenvolven para facer máis doado o seu deporte e tamén sirven para que nos concienciemos na procura dunha natureza máis viva e mellor coidada.
Quedan dous sábados máis 20 e 27 no que se faran moscas secas, afogadas, ninfas..., para comprovar os resultados que serán evaluados polos mestres artesans e para aqueles que superen a prova, terán como premio un diploma da asociación. Tamén se visionará un Cd das II Xornadas de Limpeza do río Furelos, que este ano se acompañara dunha charla e do visionado en primicia do Vídeo do Desastre Ecolóxico do río Catasol.

No hay comentarios: