miércoles, 10 de octubre de 2007

Mortandade no río Catasol

Caza e Pesca Galega
Nº 31 oct. 2007
Reportaje-Redacción.

No recorrido feito por voluntarios da Asociación de Troiteiros e da Gardería de Medio Ambiente o venres día 14 de setembro recollerónse un total de 601 troitas mortas, que hai que añadir á totalidade dos días anteriores. Na visita do delegado de Medio Ambiente aparte de dar as grazas e recoñecer o labor que se está levando a cabo pola asociación, di que este tipo de verquidos van a estar perseguidos pola Consellería de Medio Ambiente até erradicalos.

Dende a Asociación de Troiteiros, comunicar que no peinado feito por socios e gardas de Medio Ambiente o sábado día 15 polo serán, non se atoparon máis troitas mortas nin especies distintas con vida no último tramo peinado de 2 km. até a súa desembocadura, dando así por teminados os traballos de retirada de animais mortos e comenzando a planificar coa Consellería de Medio Ambiente a recuperación total do cauce. Como primeira medida vaise a Vedar o río Catasol até que se demostre que está recuperado.
O presidente do colectivo, Xabier Pazo, agradece as mostras de solidaridade recibidas e dá as grazas a todolos voluntarios e Gardería de Medio Ambiente polo traballo realizado, comunicando que agora están rematando de facer os informes correspondentes tano dende a Asociación como dende a Consellería de Medio Ambiente, Seprona e Augas de Galicia para adxuntalos á denuncia presentada o día 13 na Garda Civils de Melide. Tamén pídelles aos propietarios das granxas que tomen as medidas necesarias para evitar este tipo de verquidos.

No hay comentarios: