miércoles, 10 de octubre de 2007

Somos porcos para nós mesmos

A natureza está cada vez máis prsente nas nosas vidas. Pero non en todas. hai moitos anos chegaba a mín a nova de que uns presos do cárcere da Lama iban limpar o río Gafos en Pontevedra. Non era nada extrano. de todos é sabido que as augas que percorren galicia van cheas de merda. Nesa priemira experiencia atoparon plásticos, rodas de coches, unha bicicleta e, unha neveira .
Ó mellor é por eso que o que fai agora a Asociación de Troiteiros Río Furelos de Melide non me asusta tanto. Un inconsciente -pode ter moitos máis adxectivos, pero nos conformaremos con ese- encheu o río de purín. Matou máis de tres mil troitas e deixou morta para moito tempo a natureza que tan a gusto estaba en terras melidenses. Pero eso non é todo. Os desta asociación atoparon noutra ocasión ata un coche, con matrícula e todo. E é que somos porcos ata para nós mesmos. Non coidamos para nada a vida que nos rodea.
Cando o río Furelos baixe cheo de merda, sin troitas, cando non teña vexetación na ribeira, cando a auga sexa de calqueira cor menos cristalina, cando en vez dun río sexa un vertedoiro, entón os veciños saberán o que perderon. E polos pasos que daban ata o de agora non andaban moi lonxe. Menos mal que esta asociación de troiteiros pelexa polo ben de todos e, sobre todo, por educar ós veciños no coidado do medio ambiente.
Non estaría de máis un pequeno empurrón desde a Administración para multar con rigor ós terroristas da natureza e instalar depuradoras alá donde fagan falta. Que non sólo as rías as necesitan. O noso interior tamén as merece.

DESDE A VILA.
Víctor Furelos
Tierras de Santiago
martes, 2. otc. 2007

1 comentario:

Exeria Branco dijo...

Os feitos que acaeceron no Rio Catasol tenhen umha importancia que vai alén do proprio Melide.Días após de ocorrer na nosa vila repetironse en distintos lugares de Galiza.E tamen se repetiron os feitos: as autoridades ( medio ambiente, policia local, guardia civil ...) non tibhan observado nada . Foron as distintas asociacións, o entramado civil, ás que tomaron a iniciativa.
Desde umha perspectiva democrática resulta imposíbel entender a ausencia de compromiso das distintas insitucións na xestión dos medios que lhes ponhemos nas súas mans. Acaso tem máis dereitos o infractor que os nosos fillos no uso do rio? Como entender a ausencia de compromiso na defensa do medio ambiente por parte das autoridades locais? Son conscientes que todo o zurro que se enviou ao rio non só matou troitas e demais animais senon que contribuíu á contaminación do Furelos e, xa que logo, ao lugar máis emblemático para os melidaos: a Tosta?
A Galiza "dos mil rios" debe ser máis algo que um eslogan.

Os veciños imos entender con dificultade que o Concelho nos multe por aparcar mal, por deitar o lixo fóra de hora e de lugar; por obrar sen licencia municipal e levantar máis anadres do permitido ... Agás que sexa iso precisamente o que se vai facer... E iso sábeo facer muito mellor á dereita espanholist.Entón voltaremos outros vinte e tantos anos e ter alcalde ou aldesa nacionalista. Moitos xa sabemos o que custan os erros...Se cadra esta xeración de novos dirixentes non aprendeu da historia melidán nada... Ogalhá trabuquemos na análise.
O rio, mesu caros concelleiros e concelleiras, é arteria pola que circula a nosa historia, ás nosas vidas...os nosos sonhos.
Sede valentes e GOBERNADE.