sábado, 20 de octubre de 2007

"Somos porcos para nós mesmos".

Publicado por Exeria Branco
para TROITEIROS-MELIDE
19 de outubro de 2007 ás 17:57.


Os feitos que acaeceron no Rio Catasol tenhen umha importancia que vai alén do propio Melide. Dias após de ocorrer na nosa vila repetironse en distintos lugares de Galiza. E tamen se repetiron os feitos: as autoridades (medio ambiente, policia local, guardia civil...) non tibhan observado nada. Foron as distintas asociacións, o entramado civil, ás que tomaron a inicitiva. Desde umha perspectiva democrática resulta imposíbel entender a ausencia de compromiso das distintas institucións na xestión dos medios que lhes ponhemos nas súas mans. Acaso tem máis dereitos o infractor que os nosos fillos no uso do rio? Como entender a ausencia de compromiso na defensa do medio ambiente por parte das autoridades locais? son conscientes de todo o zurro que se enviou ao rio non só matou troitas e demais animais senon que contribuíu á contaminación do Furelos e, xa que logo, ao lugar máis emblemático para os melidaos: a Tosta?
A Galiza "dos mil rios" debe ser máis algo que um eslogan.
Os veciños imos entender con dificultade que o Concello nos multe por aparcar mal, por deitar o lixo fóra de hora e de lugar; por obrar sen licencia municipal e levantar máis anadres do permitido... Agás que sexa iso precisamente o que se vai facer... E iso sábeo facer muito mellor á dereita espanholista. Entón voltaremos aoutros vinte e tantos anos e ter alcalde ou alcaldesa nacionalista. Moitos xa sabemos o que custan os erros... Se cadra esta xeración de novos dirixentes non aprendeu da historia melidán nada... Ogalhá trabuquemos na análise.
O rio, mesu caros concelleiros e concelleiras, é arteria pola que circula a nosa historia, ás nosas vidas...os nosos sonhos.
Sede valentes e GOBERNADE.
EXERIA BRANCO
19/10/2007

1 comentario:

Anónimo dijo...

Despois de ler este artigo, soamentes me queda aplaudir.