martes, 25 de septiembre de 2007

Carta aos portavoces dos grupos municipais do BNG, PSdeG-PSOE, PP de Melide

Estimado/a sr/a:
A Xunta Directiva da Asociación de Troiteiros "Río Furelos" de Melide, na súa reunión extraordinaria do dia 19/09/07 acordou dirixirse aos grupos con representación no Concello de Melide coa finalidade de solicitar o seu apoio para que asuman como propia a MOCIÓN QUE A SEGUIR LLE PASAMOS.
Permítame no nome da Asociación e no meu própio nome, subliñar a grande preocupación manifestada pola cidadania de Melide e Comarca polos feitos acaecidos. Non é preciso indicarlle que de feitos como os ocurridos non temos na memoria colectiva nada que se asemelle. Precisamente por iso, alén de outras consideracións, é preciso que o noso PLENO DO CONCELLO, máxima representación dos e das veciñas e veciños de Melide, exprese a súa opinión. Temos a certeza que son milleiros os ollos e oídos, non só de Melide senón que de toda Galiza e alén dela, que van a estar á espreita da decisión do seu grupo.
Agardamos que acrediten que o acaecido é a manifestación mais clara de que pode volver repetirse precisamente porque até agora (agardamos que xa non sexa así en adiante) as institucións funcionaron con un sentido propiamente predemocratico.
En definitiva, solicitámoslle que asuma a moción que apresentamos para que os/as nosos fillos/as se sintan orgullosos da nosa xeración e das nosas institucións, e para que poidan recibir un río tal e como nolo deixaron os nosos pais e nais.
Un saúdo.

Presidente Asoc. Troiteiros "Río Furelos".
Asdo. Xabier Pazo Blanco
Melide, 24 de setembro de 2007

No hay comentarios: