domingo, 9 de septiembre de 2007

Comunicado Prensa

No 2º día das Xotrnadas de Limpeza do río Furelos, os voluntarios da asociación retiraro tódalas árbores taladas e que estaban dentro do cauce xunto con outras 40 mais. Nos ríos Martagona e Vilamor, afluentes do Furelos, retiraronse entre plásticos, latas, arames de espiño que aforcaban as árbores de ribeira, plásticos de silos, 1 roda de tractor, 1 lavadora..., en total sobre 700 kg de basura que unha vez depositada nos puntos acordados foron trasladadas polo camión do Concello de Melide, para o punto limpo e podan ser tratadas conforme a lexislación ordena.
Os traballos levaronse a cabo sempre contando coa presenza da Garderia de Medio Ambiente, coa colaboración dos voluntarios e veciños das parroquias de Melide e Toques afectadas pola retirada de árbores e dos árames de espiño e sempre nun clima de colaboración e cooperación.
Na parada de descanso, houbo un xantar na praia fluvial de Furelos que contou coa presenza e apoio da Alcaldesa de Melide Socorro Cea.
Queda aínda o último día, o próximo 8 de setembro no que se farán o 1,6 km que faltan para rematar as Xornadas de Limpeza nos ríos Martagona e Vilamor. No río Furelos retirarase da presa de Mangüeiro unhas grandes árbores caídas que representan gran perigo para dita presa. Tamén nesta última xornada contaremos coa presenza de 8 voluntarios de Porriño.
Xabier Pazo, presidente do colectivo, expresa as súas máis sinceiras grazas a todolos participantes e tamén agradece a colaboración prestada por todolos veciños das distintas parroquias de Merlide e Toques afectados, sen os cales parte do traballo non se podería facer.

Máis información.: Asociación de Troiteiros Río Furelos.
Email:asociaciontroiteiros@gmail.com
www.riofurelos.com
Tel.: 696607348

No hay comentarios: