jueves, 27 de septiembre de 2007

Río Catasol

Polo que lembramos dende a nosa existencia, o río Catasol sempre foi (ERA) o mellor tributario e frezadeiro do río Furelos. Agora está morto polos vertidos que ano tras ano foronse sucedendo sen que ninguén se preocupe por arranxar o problema. Puríns, augas residuais, mal funcionamento de depuradoras (nulo),... quen queira pode dar unha volta pola ribeira do río (ríos) e que non se asuste do que encontra.
Nós queremos mandarlle un abrazo e ánimos a Asociación de Troiteiros Río Furelos, que non se rindan porque os ollos de todolos melidenses e melidensas están postos neles. Sondes a referencia con diferencia en toda a Comarca e Galicia. Estades onde tedes que estar e non vos arruguedes, estamos con vós. Dos demáis xa falaremos cando chegue o momento, non imos facer lume da leña caida, máis non sobra decir que son cobardes, mintireiros e parece ser que estan vendidos ao mellor postor.

No hay comentarios: