domingo, 9 de septiembre de 2007

Comunicado Prensa

O pasado dia 25 de agosto tivo lugar o 1º día das Xornadas de Limpeza da asociación de troiteiros Río Furelos, basadas na retirada de lixo do cauce do río que lles da nome. Este ano a participarón dos voluntarios foi superior a dos anos anteriores, a recollida de lixo no cauce do couto do río Furelos de 9 km, foide 400 kg., proba de que as campañas de concienciación levadas pola Asociación durante os anos anteriores están causando o efecto desexado por todos. tamén se talarón e retiraron do cauce árbores secas e en mal estado ou enfermas, en total 110, contando en todo momento coa presencia da Gardería de Medio Ambiente. Os voluntarios recibiron no descanso un xantar e camisetas gratuito ofrecido pola Asociación de Troiteiros.
O vindeiro dia 1 de setembro, terá lugar o 2º día das Xornadas de limpeza no río Martagona e no río vilamor, afluentes do Furelos, en total 6 km., e seguiran a retirada de árbores secas e a tala das mesmas que esteñan en mal estado ou presenten perigo para pontes, presas ou casas.
O presidente Xabier Pazo califica esta xornada de éxito total, a cantidade de lixo sacada é insignificante mirando a anos anteirores, e dí que non podemos descoidarnos, por agora queda seguir traballando e nos regatos afirma que atoparan de todo. Esta é unha labor de anos que seguira tendo continuidade sempre.

Máis información: Asociacion de Troiteiros Río furelos
asociaciontroiteiros@gmail.com
Tel.: 696607348

No hay comentarios: